SEMPRE XONXA
Foi a primeira longametraxe galega rodada en 35 mm, compartindo con Urxa de Carlos López Piñeiro e Alfredo García Pinal, e con Continental de Xavier Villaverde a honra de ser unha das primeiras longametraxes de ficción en galego.
A historia abrangue o período que vai de 1947 a 1986, e estrutúrase en catro episodios vinculado cada un a unha estación do ano. A primavera corresponde á infancia, o verán á puberdade, o outono á madurez e á forzada emigración, o inverno á vellez e ó retorno. Trátase dun filme realista, aínda que podemos consideralo incardinado dentro do realismo máximo latinoamericano, onde bebe, seguramente vía Álvaro Cunqueiro. Neste sentido, destaca o personaxe de Caladiño que entronca coa Galicia máxica e lendaria dos contos populares. Con todo o máis salientable do filme concéntrase na súa primeira parte, onde Chano Piñeiro retrata coa mesma mestría que mostrara en Mamasunción o mundo da aldea durante o franquismo.
Titulo orixinal: Sempre Xonxa Distribuidora: Baños Films / B. C. de Lectores / Ignacio Benedeti / La Voz de Galicia |
FICHA ARTISTICA
Axudante de dirección: / Julián Núñez
Deseño de decorados: / Rodrigo Roel
Dirección fotografía: / Miguel Ángel Trujillo
Figurinista: / Yolanda Alimbau
Guionista: / Chano Piñeiro
Maquillaxe: / Mariano G. Rey
Montaxe: / Cristina Otero
Música: / Pablo Barreiro / Carlos Ferrant / Marcial Prado
Produción: / M. Martínez Mallo
Xefatura de produción: / Rafael Girón
Director
Chano Piñeiro |