CONTINENTAL
Filme galego dirixido por Xavier Villaverde no ano 1990. Trátase dun drama de 97 minutos de duración. Comparte con Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, e con Urxa de Carlos López Piñeiro e Alfredo García Pinal a honra de ser unha das primeiras longametraxes de ficción galegas.
O Continental é un bar prostíbulo situado nunha zona portuaria que se disputan dúas bandas de mafiosos. Ambas estiveran no pasado a cargo do mesmo capo, Gonçalves, o que levaran por diante na súa loita polo poder. Porén, transcorridos varios anos desde a desaparición deste, a súa sombra parece seguir pesando en forma de maldición sobre os membros das bandas.
Titulo orixinal: Continental Emisión ou proxección / Televisión de Galicia |
FICHA ARTÍSTICA
Dirección artística: / Wolfgang Burmann Sánchez
Dirección de produción: / José Luís García Arrojo
Dirección fotografía: / Javier Salmones
Guionista: / Raúl Veiga / Xavier Villaverde
Montaxe: / Carmen Frías
Música: / José Nieto
Produción: / Pancho Casal
Xefatura de son: / Eduardo Fernández
Director
Xavier Villaverde |
Elenco
Eusebio Poncela | Jorge Sanz | Féodor Atkine | Fernando Guillén | Marisa Paredes |
Cristina Marcos | Alberto Alonso | Héctor Alterio | Lola Baldrich | Carlos Marcet |
M. Manquiña | A. Durán "Morris" | Antón Reixa | Nancho Novo | Gonzalo Uriarte |
Manuel Areoso | Mónica García | Marisa Soto | Xavier Lourido | Luisa Martínez |
Elina Luaces | Eufemia Román | Antonio Simón | Eduardo Puceiro | Will More |
Lia Chapman | Canco Ramonde |