URXA

Longametraxe de fantasía e ficción escrita e dirixida por Carlos Aurelio Piñeiro  e Alfredo García Pinal, protagonizado por María Bouzas..e Luma Gómez. A rodaxe e a estrea produciuse no ano 1989. 

O filme narra tres etapas na vida dunha muller durante o século XX  na sociedadade galega. A orixe de “Urxa” provén de tres curtametraxes que estaban desenvolvendo os seus dous directores baixo a tutela do produtor Cabanas Cao. Como as tres curtametraxes conseguen subvención por parte da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, así como os dereitos de emisión por parte da TVG, o produtor e os directores, coa financiación asegurada, deciden unificar os tres proxectos nunha longametraxe. Para iso, recorren a unha meiga, Urxa, que transmite o seu rol máxico á súa sucesora adolescente.

Titulo orixinal: Urxa
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 78'
Orixe: Galicia
Ano: 1989
Recadación: 26.514 € 
Espectadores: 18.899

 

Distribuidora / Baños Films 
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) 
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

 

 

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA