DÍAS DE VODA

Comedia de Juan Pinzás do ano 2004 protagonizada polos actores galegos Comba Campoy e Monti Castiñeiras.

A historia lévanos á voda de Sonia (Comba Campoy), a filla dun importante editor, que vai realizar o soño da súa vida casando con Rosendo (Monti Castiñeiras). El é un garboso escritor con tendencias homosexuais, que en realidade desexa máis o novo premio literario que creou o seu futuro sogro que á súa prometida. A celebración do casamento traerá inesperadas sorpresas.

Titulo orixinal: Días de boda
Tipo: Longametraxe
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 104'
Orixe: Galicia
Ano: 2002
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán, inglés
Dobrada: Castelán
Orzamento: 1.190.360 €
Recadación: 172.471 € 
Espectadores: 38.579

                

Distribuidora / Baños Films / Cinema Indie G. 
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe
Produtora / Atlántico Films, S.L. / TVG

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO