Despois da guerra civil non se crearon produtoras en Galicia, ao contrario do que ocorreu noutras rexións do estado español. A presenza de Galicia no cinema só veu motivada pola orixe galega dalgúns profesionais da industria.

O Carro e o home (1940). Antonio Román

Durante máis de vinte anos, Cesáreo González vai ser o máis sólido dos produtores españois que, ademais, abrirá mercados a Sudamérica, facendo moitas coproducións e creando un imperio de distribución de películas. Descubriu e tivo baixo contrato moitas das estrelas do cinema español dos anos corenta, cincuenta e sesenta: Amparo Rivelles, Lola Flores, Carmen Sevilla, Sara Montiel, Marisol ou Joselito, entre moitos outros. Dende 1940, fixo máis de cen películas, cunha media de catro ou cinco ao ano. Colocou ao seu arredor todo un clan de galegos, comezando por Ramón Torrado na dirección dos filmes e Adolfo Torrado, o seu irmán, como argumentista. Utilizou tamén nas súas producións moitos actores do cinema español de orixe galega José Pérez Rodríguez (Pepe Eumedre:1902-1969), Antonio Casal (1910-1974), Fernando Rey (1917-1994) e Tomás Ares (Xan das Bolas:1908-1977), entre outros.

Resultado de imaxes para fernando reyResultado de imaxes para xan das bolasResultado de imaxes para antonio casalImaxe relacionada

        Fernando Rey                   Xan das Bolas                   Antonio Casal                  Pepe Eumedre

Tamén fixo do seu irmán Arturo González a súa man dereita e xuntos crearon Suevia Films. Algúns dos seus títulos son Polizón a bordo, La pródiga, Reina santa, La señora de Fátima ou Campeones, unha das primeiras películas sobre o fútbol que se fixo en España, cos xogadores carismáticos de entón. O éxito de Suevia Films foi produto de moitos factores, algúns deles apuntados por Félix Fanés: Cesáreo González soubo apostar no momento axeitado pola produción nacional, con películas moi populares, cambiando o patriotismo doutras producións da competencia pola comedia doada, a milagrería e a España folcklórica. Cesáreo González foi, ademais, o primeiro en aproveitar aquel tópico de Galicia como boa paisaxe para facer películas, con xente e con tipos doados de caricaturizar. Galicia abriu con el os seus servizos de estudio de filmación barato para o cinema español.

Resultado de imaxes para cesareo gonzalezResultado de imaxes para cesareo gonzalez

 Cesáreo González (1903-1968)           Cesáreo González nun partido do Celta de Vigo

No resto do mundo o cinema xa era un divertimento popular e estaban a desenvolverse as industrias locais. Así, en 1937 fundouse Cinecittà en Roma, aínda que co ascenso do fascismo o cinema italiano, noutrora un gran exportador de filmes históricos, entrará en decadencia. Tamén na India, que chegaría a ser a maior produtora de filmes do mundo comezou, pola chegada dos musicais, a crear a súa propia industria (“Bollywood”). Nos Estados Unidos produciríanse filmes épicos ou bíblicos xunto con filmes de gánsters. A violencia destes filmes, así como a expansión de filmes con certo contidos sexuais, coma os de Mae West, levou á aplicación do código Hays, unha serie de regras que censuraban os contidos dos filmes estadounidenses. 

Xoán Ninguén (1941). Frank Capra

A Segunda Guerra Mundial levou a un aumento de filmes patrióticos e de propaganda, tanto en América coma en Europa, pero tamén supuxo o inicio dos anos dourados do cinema en Hollywood. En 1941 Orson Welles estreaba Cidadán Kane, consideraba un dos mellores filmes da historia, que revolucionou a linguaxe cinematográfica. Nestes anos víronse os primeiros filmes de grandes directores coma John Huston, Frank Capra, Jacques Tourneur, Billy Wilder ou Elia Kazan, que levaría a Hollywood o Actor’s Studio.
O Reino Unido tamén vivía un gran momento, por unha banda coas obras de Laurence Olivier, David Lean ou Michael Powell e Emeric Pressburger e por outra coa fundación dos estudios Ealing, dos que sairían algunhas das comedias máis celebradas da historia.
A falta de medios na Italia da época levou aos directores a filmar nas rúas historias de xente común, o que levaría ao nacemento do neorrealismo.

Días de gloria (1944). Jacques Tourneur

Alén dos mares, algúns dos máis recoñecidos directores e guionistas galegos destacan polo seu bo oficio e capacidade profesional como o xa devandito Carlos Velo en México. Onde participa en diversas actividades alentadas polos exiliados. É, en 1949, un dos socios fundadores do Ateneo Español de México, ao igual ca outros galegos como José Almoina, Caridad Mateos, Manuel Porteiro Viñas e Arturo Souto. Identificado coa causa galeguista, será un dos fundadores en 1953 do Padroado da Cultura Galega (no cal se sumará á liña máis radical representada por Luís Soto) e, en 1958 alentará, sendo presidente do Padroado, a aparición da revista Vieiros que integra tamén a Florencio Delgado Gurriarán, Luís Soto e Elixio Rodríguez. Antes, en 1956 enviara ao Primeiro Congreso da Emigración de Buenos Aires a súa proposta para a creación dun Centro Cinematográfico Galego. Realiza tamén un documental sobre a pintura do seu amigo Arturo Souto. En México realizou traballos cinematográficos como: Torero (1956), Chistelandia (1958), Nueva Chistelandia (1959), ¡Vuelve Chistelandia! (1959), Pedro Páramo (1966), Don Juan 67 (1967), 5 de chocolate y 1 de fresa (1968) ou Alguien nos quiere matar (1969).

Torero (1956). Carlos Velo

Cabe destacar tamén o traballo do allaricense José Suárez como director de fotografía en película arxentinas cabe foron: Los Carunchos de Florida (1938), Mi suegra es una fiera (1938), Oro entre barro (1939) ou Malambo (1942). Durante os seus primeiros anos en Arxentina, a actividade máis importante será o cinema, como director, director de fotografía de exteriores,  iluminador, axudante de dirección ou asesor técnico. Pero a súa actividade cinematográfica non lle impide seguir coa súa interesante actividade fotográfica, que desenvolverá como correspondente de diferentes xornais Los pasajes de la Patagonia. Imaxes coidadosamente escenificadas que nos fan lembrar a forma de traballar no cinema. Da súa época no exilio destaca tamén a serie Nieve en la Cordillera (1942), con fotografías de coidada realización formal tomadas na cordilleira de Ándelos nas que aborda unha das súas grandes paixóns: a neve.

Mi suegra es una fiera (1939).

Na década dos cincuenta descendeu o número das rodaxes no estado español, pero contou cun actor moi destacado: Cary Grant estivo en Santiago para rodar Lúa de mel en España (1959) unha comedia musical na que tamén participaría Frank Sinatra e Sofía Loren. Os 18 títulos que se rodan nos anos sesenta permiten a chegada a Galicia de numerosas figuras destacadas do cine español como Pedro Olea, Mario Camus ou Luis Buñuel, algúns deles repetirían experiencia na década seguinte.