ENTRE BATEAS
Filme dirixido por Jorge Coira e estreado en 2002. Trátase dunha coprodución na que tanto o equipo técnico coma o artístico están formados na súa maior parte por galegos.
O filme narra o conflito que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabadistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto condutor de planadoras e de Sego, un antigo amigo seu que opta por pasarse ó tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller -que o abandona farta do seu oficio de contrabadista de tabaco- e os conflitos entre as redes de narcotraficantes.
Titulo orixinal: Entre bateas Distribuidora/ B. Clube de Lectores / FORTA / Ignacio B. Cinema S.L. / La Voz de Galicia Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe Produtora / Continental TV (antes Costa Oeste) |
Calificación moral | |
Non é axeitado para menores de 18 anos |
FICHA ARTÍSTICA
Axudante de dirección: / Telmo Esnal
Dirección artística: / Marta Villar
Dirección fotografía: / Chechu Graff
Guionista: / Ramón Campos / Carlos Portela
Maquillaxe: / Eva R. Fontenla
Música: / Piti Sanz
Produción: / Koldo Anasagasti / Marco Meere /Roberto Sinde
Xefatura de son: / Claudio Canedo
Director
Elenco
Tonhito de Poi | Nekane Fdez. | Manuel Lourenzo | Xurxo Souto | Alfonso Agra |
Quico Cadaval | Álvaro Caneda | Julián Rodríguez | Santi Prego | Marco Aurelio |
Xulio Lago | Piti Sanz | Luis Iglesia | David Otero | Víctor Mosqueira |
Tino Rábade | Rosa Álvarez | Rubén Mascato | Cristina Espinosa | Alberto Rolán |