EMILIA PARDO BAZÁN: A CONDESA REBELDE
Longametraxe galega para televisión, producida en 2011 con dirección de Zaza Ceballos. É unha biografía sobre Emilia Pardo Bazán, e foi estreada o 28 de setembro de 2011 no Teatro raosalía da Coruña.
Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 - Madrid, 1921) autora de obras tan emblemáticas da literatura galega en lingua castelá como Los pazos de Ulloa e La madre naturaleza, estivo chea de "escándalos e polémicas". Gozou da amizade de Victor Hugo, Benito Pérez Galdós, Miguel de Unamuno e de Clarín, entre outros soados escritores.
Pioneira en moitas facetas, foi a primeira muller en España que desenvolveu unha cátedra universitaria, a primeira xornalista profesional da península, ideóloga do feminismo decimonónico e autora de novelas, libros de viaxes, biografías e preto de mil ensaios, artigos e crónicas na prensa española e internacional.
Titulo orixinal: A condesa rebelde, Emilia Pardo Bazán Emisión ou proxección / Televisión de Galicia |
FICHA ARTÍSTICA
Figurinista: / María Gil
Guión: Puri Seixido
Maquillaxe: / Chicha Blanco / Mara Collazo
Perruquería: / Chicha Blanco / Mara Collazo