A CRISE CARNÍVORA
Filme de animación español dirixido por Pedro Rivero que foi estreado no 2008. É unha produción de Continental Animación, Abrakam Estudio, Dream e Semprecinema que conta axuda da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, ICAA e a participación de TVG, TV3 e ETB.
Grazas ó Pacto Vexetariano, tódolos animais conviven en paz e harmonía. Todos menos un: a hiena Crevel, que vive coa angustiosa sensación de non volver a proba-la carne. Decidido a calma-lo seu bandullo, unha noite Crevel acude ó cemiterio disposto a devora-los cadáveres, pero non pode facelo, porque non hai ningún. O león Pérsicus e o seu consigliere, o tigre Altaicus, organizaron toda unha rede alimenticia cos defuntos para manter os seus hábitos carnívoros. Ó ser descubertos, acusan a Crevel da brutal profanación, obrigándoo a fuxir da ira dos herbívoros.
Titulo orixinal: La crisis carnívora Distribuidora / Latido Films
|
FICHA ARTISTICA
Guionista: / Pedro Rivero / Egoitz Moreno
Música: / Daniel Tejerina
Produción: / Chelo Loureiro / Juanjo Ortiz
Director
Pedro Rivero |
Elenco de voces
M. Manquiña | Farruco | A. Durán "Morris" | Víctor Fábregas | Roberto Vilar |
Fernando Acebal | Antonio Mourelos | X.M. Piñeiro | Xacobo Pérez | Leo Toral |
Pipo Arribe | Moisés Morales |