A CASA DA LUZ

Película para nenos dirixida por Carlos Amil. Baseada nunha novela do mesmo título de Xabier Docampo. Trátase dunha contribución destinada a cubrir un oco existente na cinematografía galega (e mesmo española) de producións destinadas especificamente a rapaces e rapazas. Preténdese artellar unha historia sobre a posibilidade de vivir nunha aventura permanente.  

Un grupo de nenos pasan as vacacións en Eiravella, unha localidade entre o rural e o urbano. Xogan con Duarte, un pintor e ex profesor de plástica, que de súpeto desaparece sen rastro. Os nenos descobren un cadro no que aparece Duarte, e entón comezan a desvelar o misterio da súa desaparición. 

Titulo orixinal: A casa da luz
Tipo: Longametraxe
Xénero: Comediaaventura
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 80´
Orixe: Galicia
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 1.700.000 €
Porcentaxe subvencións: 18,8 % 
Capital Galego: 100 %

Subvención ou axuda: Consellería de Cultura
Produtora: Vimbio Filmes
Proxección: Festival de Cine de Ourense

FICHA ARTÍSTICA

Guión: Xabier Docampo / Xosé Cabanas Cao / Carlos Amil
Montaxe: / Carlos Amil
Música: / Nani Garcia
Produción: Xosé Cabanas Cao

Director

Carlos Amil

Elenco

X.M. Olveira Pico Miguel de Lira Susana Dans Gustavo Pernas Cándido Pazó
César Goldi Jorge Taboada Miguel Pernas Lois Soaxe A. Mourelos
María Blanco Camilo Rguez. Manuel Millán Agustina Bentós Xeila Carbia
Antón Sampredo Claudia Pena Xabier López

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO