ABRÍGATE

Coprodución cinematográfica galego-arxentina, dirixida por Ramón Costafreda no ano 2007. Rodouse entre Betanzos e A Coruña no verán de 2006 e primeira longametraxe do devandito director galego trala TV-movie Máis ca irmáns. A película rodouse en galego e castelán, respectando o idioma orixinal dos protagonistas, varios dos cales (Celso Bugallo, María Bouzas, Luis Zahera, Isabel Naveira, María Salgueiro, Pepo Suevos) son actores galegos.

Valeria (Manuela Pal), unha arxentina de ascendencia galega que deixa a súa terra natal trasládase a vivir a unha vila da provincia da Coruña co obxectivo de atopar e coñecer as súas raíces. Nesta aventura atoparáse con persoas dispares, especialmente cando emprenda a busca do seu amante, un home maduro chamado Yves, que se produce durante a noite de San Xoán. Unha vez descuberta a morte de Yves, acabará por namorarse de Marcelo (Félix Gómez) o fillo deste, entrando nunha encrucixada que a súa xefa Adela (María Bouzas) lle axudará a resolver.

Titulo orixinal: Abrígate
Tipo: Longametraxe
Xénero: Romántica, comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 90'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego e castelán (8 copias en Galicia)
Recadación: 60.884 € 
Espectadores: 11.018 

Produtora / Continental P, S.L. / Oberón cinematográfica / Pol-Ka

 

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA                             

español

BAIXAR O FILME              

VER TRAILER / ANACO