C  (longametraxes)

Cando volvas ó meu lado

Trala morte de súa nai, tres irmás reencóntrense despois de bastante tempo sen verse. As tres iniciarán unha longa viaxe no cal coñecerán a auténtica verdade sobre porqué a súa nai quedou soa, e porqué o seu pai fuxiu cando eran pequenas. 

Canícula

Unha xornalista, un obreiro novo, un director de cine vido a menos e unha ama de casa cunha escaiola irán entremezclando as súas vidas no caluroso agosto madrileño

Cargo

Thriller que narra a historia de Chris, un mozo que gaña a vida viaxando por África. Cando perde o seu pasaporte decide voltar a Europa subindo como polisón a un misterioso e enferruxado cargueiro. Pero a situación complícase cando un a un os tripulantes do barco van aparecendo mortos.

Carmiña, flor de Galicia

Carmiña é pretendida por Martiño, un humilde labrego do mesmo pobo dela. Carmiña non corresponde a este e namórase do señor do lugar, o conde de Vindey. O conde lévaa consigo para a súa casa das proximidades de Vigo e ofrécelle todo tipo de comodidades e luxos ata que aparece na cidade Mary Watson, unha fermosa americana coa que se compromete.

Cela 211

Juan, funcionario de prisións,  preséntase no seu novo destino un día antes da súa incorporación oficial. Alí, sofre un accidente minutos antes de que se desencadee un motín no sector dos presos máis perigosos. Os seus compañeiros abandónano inconsciente á súa sorte na cela 211. Ao espertar, Juan faise pasar por un preso máis  

Cen anos de perdón

Unha mañá chuviosa. Seis homes disfrazados e armados asaltan a sede central dun banco en Valencia. O que semellaba un roubo limpo e fácil axiña se complica, e nada sairá como estaba planeado. Isto provoca desconfianza e enfrontamento entre os dous líderes da banda, O Uruguaio e O Gallego. Mais, que é exactamente o que buscan os atracadores?

Códice

Marina Velasco, tenaz e experimentada inspectora da Policía Nacional, acode desde Madrid para ocuparse do caso do roubo do Códice Calixtino. Pese a que conta coa axuda das forzas locais (o implacable Xuíz Casal e o seu equipo) a misión non é nada doada.

 Concepción Arenal, a visitadora de cárceres

No século XIX as execucións eran un espectáculo público e os presidiarios carecían de dereitos. Cando Concepción Arenal foi nomeada visitadora de cárceres, loitou a prol dos dereitos humanos ata lograr cambiar a perspectiva da sociedade sobre os máis desfavorecidos e mellorar as súas condicións de vida.

Concursante

Martín,un profesor universitario, convértese no gañador do galardóno máis cuantioso da historia da televisión. A súa moza Laura verá nisto unha oportunidade de ouro para cambiar a súa vida e cumprir os seus desexos. O que semellaba ser un golpe de sorte e un soño feito realidade pasa a ser un auténtico pesadelo 

Condenado a vivir

Conta a historia dos últimos días de vida de Ramón Sampedro, o tetrapléxico galego dende os 25 anos, que tentou buscar a través da xustiza unha forma digna para morrer, pero que non conseguiu. 

Conexión

O filme xira en torno ao narcotráfico na fronteira entre o Norte de Portugal e Galicia, punto de maior entrada de droga de Europa. A historia non só reflicte a realidade dos clans senón que se interna nas implicacións sociais que supón, mesturando diferentes tramas e puntos de vista cunha grande dose de acción e unha estética visualmente impactante.

Continental

O Continental é un bar prostíbulo situado nunha zona portuaria que se disputan dúas bandas de mafiosos. Ambas estiveran no pasado a cargo do mesmo capo, Gonçalves, o que levaran por diante na súa loita polo poder. 

Crebinsky

A historia está ambientada na costa galega en xuño de 1944, no contexto da 2ª Guerra Mundial. Feodor e Mijail Crebinsky son dous irmáns, fillos de María Cribeiro e Vladimir Crebinsky, un piloto ruso que sofrera un accidente aéreo anos antes. Noutro accidente os nenos quedan orfos...