CONTOU ROSALÍA

Contou Rosalía é un telefilme (emitido tamén como miniserie), da TVG dirixido por Zaza Ceballos, estreado o 16 de maio de 2018, véspera do Día das Letras Galegas, baseada na vida de Rosalía de Castro en Madrid.

Ambientada no Madrid de mediados do século XIX, a propia Rosalía contará como foi a súa vida social, como viviu a súa paixón de escritora e o seu reencontro co historiador Manuel Murguía. Á capital de España chega a Duquesa da Gloria, unha aristócrata de provocante singularidade. Por asuntos de familia, tamén está na cidade a escritora feminista Rosalía de Castro, que se dedica a facer vida social e a escribir. Madrid convértese nun fervedoiro de dimes e diretes políticos e é testemuña do reencontro entre Rosalía e Murguía. Á calor da común preocupación polas xentes e a cultura de Galicia, nace entre eles unha paixón e un fondo amor que a escritora non quere ver morrer nas cadeas coas que a sociedade da época aferrolla as mulleres.

Titulo orixinal: Contou Rosalía
Tipo: Longametraxes, miniserie
Xénero: Feito real
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 95´
Orixe: Galicia
Ano: 2018
Idioma V.O.: Galego

                 

Axuda ou Subvención Pública: Agadic
Produtora: Zenit TV
Emisión ou proxección: RTVG

FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA

Montaxe: / Gerardo Rodríguez
Dirección fotografía: / Diego Dussel
Guión: / Raúl Veiga
Produción delegada: / Fernando Madriñán / Fernando R. Ojea
Dirección artística: / Alexandra Fernández
Postprodución: / Fernando Alfonsí
Producón executiva: / Esperanza Gracia
Musica orixinal: / Manu Conde
Xefatura de son: / Javi Pato / David Machado

Directora

Zaza Ceballos

Elenco

  
Melania Cruz Fran Lareu Tamara Canosa Ledicia Sola Pepo Suevos
César Cambeiro David Perdomo Celso Parada Josito Porto Marcos Correa
Avelino González Fina Calleja Rosa Álvarez Sonia Rúa Carlos Villarino
Alejandro Jato Alfonso Míguez Óscar Cruz Lino Braxe
Tania Lamata

 IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego

   BAIXAR O FILME

.

VER TRAILER / ANACO