CÓDICE
Miniserie de dous capítulos que ten como punto de partida o inesperado roubo do Códice Calixtino. Un suceso que tivo repercusión internacional. A narración dos feitos abórdase dende catro puntos de vista: o da igrexa, o do equipo de investigación, o dun grupo de xornalista e, por suposto, o de Manolo (interpretado por Miguel de Lira) o autor do roubo.
Marina Velasco, tenaz e experimentada inspectora da Policía Nacional, acode desde Madrid para ocuparse do caso do roubo do Códice Calixtino. Pese a que conta coa axuda das forzas locais (o implacable Xuíz Casal e o seu equipo) a misión non é nada doada. Será unha carreira contra o reloxo chea de obstáculos e marcada polas presións do Goberno e da Igrexa. Ao mesmo tempo, Natalia e Lázaro, dous xornalistas dun diario local en crise, ven na investigación do roubo a oportunidade de conseguir unha interesante exclusiva que salve os seus postos de traballo.
Titulo orixinal: Códice Produtora: Televisión de Galicia (TVG) / Ficción Producciones
|
FICHA ARTÍSTICA
Cámara: / Gabi Garcia
Dirección fotografía: / Jerome Kim
Música: / Manuel Riveiro
Guión: / Jorge Cassinello / Camilo Franco / Gonzalo G. Velasco
Axudante de dirección: / Jacobo Sáenz Díez
Edición: / Juan Galva
Produción: / Antonio Veiga
Xefatura de son: / David Martín Fidalgo
Director
Jorge Cassinello |
Elenco
Miguel de Lira | Manuel Lozano | Francis Lorenzo | A. Durán "Morris" | María Vázquez |
Xulio Abonjo | Antonio Mourelos | Luis Iglesia | Xosé Barato | Sabela Arán |
Alfonso Agra | Carlos Blanco | Camila Bossa | César Cambeiro | María Castro |
Luis Zahera | Mónica Camaño | Tamar Novas | Manuel Cortés | M. Manquiña |
Celso Parada | Pilar Pereira | Toni Salgado | Carlos Villa | Jacobo Sáenz |
Marcos Eimil |
IMAXES DO FILME
VER EN LIÑA
Parte I | Parte I | Parte 2 | Parte 2 |
BAIXAR O FILME
VER TRAILER / ANACO