PEDRO E O CAPITÁN

Filme baseado nun libro do escritor uruguaio Mario Benedetti cuxa rodaxe se fixo no Instituto Galego da Información (IGI), situado en Santiago de Compostela, e os exteriores foron rodados na Praia do Ancoradoiro, no concello de Muros . A longametraxe foi rodada en galego, e en branco e negro, e utilizouse unha técnica “sobre todo panorámica”. 

Historia con dous únicos protagonistas, un militar torturador (Miguel de Lira) e un preso político torturado (Diego Anido), que levan adiante un diálogo imposible. Os catro actos nos que se divide o filme, están situados nunha sala de interrogatorios. É unha historia dun conflito que vai alén do meramente ideolóxico. Adaptación do relato homónimo de Mario Benedetti. 

Titulo orixinal: Pedro e o capitán
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Duración: 90'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán, inglés e para xordos
Dobrada: Ningún idioma
Orzamento: 150.000 €
Porcentaxe subvencións: 23 %

Produtora / Ledesma Producións                          Sonorización, locución e dobraxe / Cinemar Films, S.L.

Soporte técnico a rodaxes / Sadilsa                    Subvención ou axuda pública / Xunta de Galicia

 

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: / Ozo 
Dirección artística: / Alexandra Fernández 
Dirección fotografía: / Juan Hernández 
Música: / Manuel Riveiro 
Produción: / Pablo Iglesias / Ana Mariño 
Xefatura de son: / David Machado

Director

Pablo Iglesias

Elenco

  
Miguel de Lira Diego Anido

 

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO