PRADOLONGO
Filme rodado integramente en galego, estreado no ano 2008 e rodado na comarca de Valdeorras. O seu director foi Ignacio Vilar, nado en Petín.O 17 de abril de 2010 estreouse con grande acollida nas salas Cinemax de Braga, converténdose no primeiro filme en galego estreado en Portugal.
Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade se deteriora a raíz das diferenzas de clase e dos conflitos amorosos que xorden nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas ou tardes no río, pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo (un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño) á empresa do pai de Armando, obrígaos a reconsiderar os soños e vencellos que os mantiveron unidos dende a infancia.
Titulo orixinal: Pradolongo Distribuidora /Biblos Clube/Mr Misto/ Vía Láctea |
FICHA ARTÍSTICA
Axudante de dirección: / Sandra Montes
Cámara: / Alberto Díaz “Bertitxi”
Deseño de decorados: / Andrea Pozo
Dirección fotografía: / Alberto Díaz “Bertitxi”
Figurinista: / María Fandiño
Guionista: / Carlos Asorey / Javier Gancedo / Ignacio Vilar
Maquillaxe: / Natalia Arcay
Montaxe: / Guillermo Represa
Música: / Zeltia Montes
Perruquería: / Erea Pérez
Produción Executiva: / Marina Fariñas
Xefatura de produción: / Iñaki Ros / José Salgueiro
Xefatura de son: / Eduardo Esquide
Director
Ignacio Vilar |
Elenco
Rubén Ríos | Tamara Canosa | Roberto Porto | Mela Casal | Rei Chao |
Carlos Sante | Antonio Mourelos | Belén Constenla | Anxo Carbajal | Manolo Cortés |
F. Dacosta | Sheyla Fariña | Avelino González | Antón Olmos | Pepo Suevos |
Isabel de Toro | Marcos Viéitez | R. de Barreiro | Cristina Rguez. | Paulo Serantes |
Olalla Salgado | Santi Cortegoso | Elena Seijo | Aitor Rei |