L  (longametraxes)

Lena

Lena é unha moza lista e responsábel; a a súa sensatez contrasta co descontrol do seu pai. Cando a mafia local lle dá unha palleira a Gorrión acusándoo de ter quedado cunha importante suma de cartos, a vida de Lena pasa a ter un único obxectivo: impedir que maten ó seu pai.

León e Olvido

León e Olvido son irmáns xemelgos e orfos. León ten síndrome de Down. Olvido, cuxas relacións sentimentais non van nada ben, tivo que deixar os estudos e pórse a traballar. León pretende acaparar as atencións da súa irmá, até que un día aparece nas súas vidas Damián.

Linko

No futuro unha guerra destruíu a civilización. Kurt e o seu fillo pequeno moran no aeroporto abandonado dunha illa remota. Só o abastecedor aéreo Rocka sabe deles mais un día chega Linko, un pirata novo e violento na procura de algo que disque Kurt agacha.

Little Galicia

Conta a historia de dous mozos galegos que pasan unha fin de semana en Nova York, onde varios acontecementos cambiarán as sus vidas de forma que estas non voltarán a ser as mesmas que eran antes de emprender a viaxe.

Lobos de Arga

A Marquesa dos Mariño de Arga foi maldicida por unha xitana sentenciada a morte por ela. Cando o seu fillo varón cumpra 10 anos converterase nun lobishome, e os veciños tamén se converterán unha vez cada 100 anos. Un século despois, o ultimo descendente dos Mariño, Tomás regresa á súa aldea para recibir unha homenaxe, ou iso cre.

Lobos sucios

Galicia, 1944. Os nazis explotan unha mina de volframio, un mineral imprescindible para as súas fábricas de armamento. O goberno español, un país “neutral”, permite aos nazis explotar a mina de Casaio, unha aldea illada en Ourense. Nestas minas déixanse a vida traballadores libres e presos políticos que conmutan a súa pena. 

Longa noite

Anxo regresa ao seu pobo na zona rural de Galicia. Alí atópase con rancor, tanto de gañadores coma de vencidos, quen perciben o perigo de profundizar en memorias que crían esquecidas.

Imagen

Lúa vermella

Nunha vila da costa galega o tempo semella terse detido. Toda as persoas están paralizadas aínda que as súas voces poden oírse: falan de pantasmas, de meigas, de monstros. Ao lugar chegan tres mulleres buscando ao Rubio, un mariñeiro da vila que desapareceu no mar.