F  (longametraxes)

Farangullas de pan

Relato da presa política Liliana Pereira, encarcelada polas súas ideas durante a ditadura uruguaia. Liliana foi encarcelada en 1975, torturada e privada da custodia do seu fillo. Tras sufrir o exilio, regresa en 1982 e deberá escoller entre recuperar ó seu fillo ou centrarse nunha demanda colectiva que preparan as súas antigas compañeiras de prisión.

Fisterra, onde termina o mundo

Berto e Mario son dous irmáns nados na Costa da Morte. Abraiados pola figura dun pai ausente, ambos medran facendo plans para se reuniren con el. Mario faille prometer a Berto que irán xuntos, pero tamén el desaparece un día sen dicir nada. Seis anos despois, os dous se reencontran en Madrid. 

Fragmentos de Brand

Brand esperta xunto a unha árbore, no medio dun espazo desolado. Semella non recordar quen é nin que fai aí. Tras deambular sen rumbo, atópase con tres descoñecidos que non pronuncian palabra ningunha. Sen saber moi ben que queren del, Brand, que cre ver en todo signos bíblicos dunha posíbel misión divina, déixase levar por eles. 

Frío

Mario cóntalle a Santi como Laura e mais el, xunto con Tono, seu curmán, eran bos amigos, adicábanse ao estraperlo ata que a súa moza comezou a facerlle as beiras a seu curmán. El acabou nun centro de desintoxicación e posteriormente no cárcere. Agora Laura asasinou tres homes relacionados con Tono, dedicado á política, para roubarlles uns documentos.

Fútbol de alterne

Inspirada nun caso real, describe as peripecias dun modesto equipo de fútbol que por avatares varios, ven ser esponsorizado por un club de chicas de alterne. O que segue, é o imaxinable escándalo por parte do sector mais tradicional da vila, e a posterior reacción das “forzas vivas”.