FRÍO

Primeira longametraxe dirixida polo lalinense Ramón Gutiérrez da Silva.

Mario vive na urbanización Pedras Negras, coidando dunha casa que non é súa cando aparece Laura, unha antiga moza, ferida de bala, cunha pistola e un maletín con documentos.

Mario cóntalle a Santi, garda da urbanización que lle conseguira o emprego, como Laura e mais el, xunto con Tono, seu curmán, eran bos amigos, dedicábanse ao estraperlo ata que a súa moza comezou a facerlle as beiras a seu curmán. El acabou nun centro de desintoxicación e posteriormente no cárcere. Agora Laura asasinou tres homes relacionados con Tono, dedicado á política, para roubarlles uns documentos.

Titulo orixinal: Frío
Tipo: Longametraxe
Xénero: intriga, drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 79'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Castelán
Orzamento: 50.000 €
Capital galego: 85 %

                

Produtora: A Productora Morta, S.L.

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: Luis Iborra
Cámara: Olmo Couto / Paco Serrano / Gael Herrera / J.A.Gómez / Joaquín Ferrández  / Luis Baliño
Edición: Román Gutierrez da Silva / Gael Herrera 
Dirección fotografía: / Olmo Couto / Paco Serrano
Guión: Román Gutierrez da Silva 
Música: / Iago MouriñoRomán Gutierrez da Silva
Xefatura de produción: / Gael HerreraRomán Gutierrez da Silva
Xefatura de son: / José Lorenzo

Director

Román Gutierrez

Elenco

Xoque Carbajal Tzeitel Rodríguez Vla. Dragossán Anxo Tirado Bruno T Ford
Mártin Sánchez Alberti Groove Ita Sixto F.Capucci Roy Stgo
Toño Gil Eddie & Freddy Jorge Chapu

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

español

VER TRAILER / ANACO