VILAMOR
Filme galego dirixido por Ignacio Vilar que foi estreado no 2012 e rodado nos Ancares, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. A estrea do filme fíxose na cidade de Lugo o 30 de marzo de 2012.
No ano 1976, despois de ter rematado o franquismo, Breixo vive coa súa familia nunha idílica e illada aldea, e prepárase para converterse algún día no cura da vila de Seoane. Un día atópase cos membros dunha comuna hippie que se asentou nos arredores da súa aldea, e axiña se deixa seducir polo seu estilo de vida. Decide entón colaborar con eles para recuperar as casas abandonadas de Vilamor, e crear un novo xeito de vida baseado no traballo da terra, o contacto coa natureza e a ausencia de propiedade privada. Pero todo se complica cando Breixo se namora tolamente de Sonia, unha das rapazas da comuna. El non acepta o amor libre, nin as drogas, nin o ateísmo. Con moita mágoa, abandona a súa aldea. Trinta e tres anos despois, convertido nun escritor de sona e cos ideais agochados nalgún recuncho da memoria, Breixo regresa ó lugar onde viviu os mellores anos da súa vida.
Titulo orixinal: Vilamor Produtora / Vía Láctea Filmes, S.L. |
FICHA ARTÍSTICA
Dirección artística: / Curru Garabal
Dirección fotografía: / Alberto Díaz “Bertitxi”
Guionista: / Carlos Asorey / Ignacio Vilar
Montaxe: / Guillermo Represa
Música: / Zeltia Montes
Produción Executiva: / Daniel Froiz
Xefatura de produción: / Alberto Tomé
Xefatura de son: / Xabier Souto
Director
Ignacio Vilar |
Elenco
Rubén Ríos | Sabela Arán | Xoel Yáñez | Paulo Serantes | Tamara Canosa |
Mela Casal | César Cambeiro | Manuel Lourenzo | Belén Constenla | Luis Iglesia |
Deborah Vukusic | Marcos Pereiro | Sheyla Fariña | Santiago Romay | Mayka Braña |
Marta Lado | Rubén Prieto | María Roja | Jorge Taboada | R. de Barreiro |
Manolo Cortés | Santi Prego | Tatán | Nuncy Valcárcel | Sheila Carbia |
Noa Rodríguez | Uxía Morán | Carlos Villa |