Vicente e Fernando son amigos íntimos e docentes na Facultade de Dereito. Unha tarde, Vicente é testemuña de como Fernando mata a súa muller. Non o delata á policía, mais tampouco entende nin perdoa o seu amigo, por mor da súa relixiosidade e sentido moral.
Olivia, unha nena latinoamericana de 6 anos, é adoptada por unha parella española. A nova vida na que se embarcan vai a deparar a Olivia e aos seus pais distintos e inesperados retos que superar.
Dous amigos, Martín e Marcos, deciden marchar a Suiza na procura de traballo. Deixan ás súas familias e emprenden unha viaxe cara a unha nova vida. Alí decataranse da mentalidade moi diferente existente, á que deberán adaptarse traballando como mecánicos nunha fábrica e vivindo nunha pequena vila industrial.
Luisa ten 44 anos e séntese invisible. A xente non escoita o que di nin lle presta atención. Vive soa, o seu marido deixouna e a súa filla estuda fóra. Un día nunha festa de empresa atopa un compañeiro da súa idade da man de Marina, unha rapaza nova.
Urxa é unha bruxa que vive nunha paraxe remota da Galicia rural. Garda un segredo lendario e a chegada dun investigador provocará o seu descubrimento.
.