MARUXA

Filme mudo español dirixido por Henry Vorins, baseado na obra lírica Maruxa, de Amadeo Vives. Protagonizada por Paulette Landais e Florián Rey, rodouse en Vigo e Sárdoma no verán de 1923, e estreouse o 11 de novembro dese mesmo ano no Cine Goya de Madrid, Alcorcón, Alcalá de Henares, A Coruña, Valladolid, Granada, Toledo e Valencia, e o resto dos cines de España, o 10 de xaneiro de 1924. Non se conserva ningunha copia do filme. Os títulos tiñan unha versión en galego, escritos por Manuel Lugrís Freire.

É un melodrama amoroso entre mozos nun contorno rural. Rosa é unha rapaza herdeira dunha gran fortuna, que regresa á aldea logo de moitos anos nun internado. Os seus titores son Buenaventura e Dorotea, que queren casala co seu fillo, Antonio. Porén, Rosa quere a Pablo, un pastor ao servizo de Buenaventura, e Antonio quere a Maruxa. Para se citaren cos seus amados, Rufo é o mordomo da casa, que procura evitar os encontros entre os amados. Maruxa, que é analfabeta, pídelle axuda a Rosa para lle escribir unha carta de amor a Pablo. Rosa aproveita para citalo media hora antes e ir ela ao encontro, pero Antonio descobre a misiva e aparecen os catro a un tempo.

Titulo orixinal: Maruxa
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Produción propia 
Realizada en branco e negro
Orixe: España
Ano: 1923
Idioma V.O.: Ningunha lingua
Subtitulado: Galego, castelán

                

Distribuidora: Celta Films

FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA

Dirección fotografía: Luis R. Alonso
Guión:  Ernesto González / Amadeo Vives / Luis Pascual Frutos
Música: / Amadeo Vives
Produción: / Ernesto González
Títulos en galego: Manuel Lugrís Freire

Director

Henry Vorins
 

Titulo orixinal: 
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Comedia Drama
Produción propia 
Realizada a cor
Capítulos: 
Duración dos capítulos: 
Orixe: Galicia
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego

Emisión ou proxección: 

FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA

Cámara: /
Dirección fotografía: 
Guión: 
Música: / 
Montaxe: 
Xefatura de son: /

Director

 
 

Elenco

         
         

IMAXES DO FILME

 

VER EN LIÑA

galego
 

BANDA SONORA