9 FUGAS
Primeira longametraxe de ficción do realizador vigués Fon Cortizo comezada a rodar no 2018 e interpretada por María Roja, Olga Cameselle, Paco Barreiro, Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro, entre outros.
A historia comeza coa chegada dun barco a unha cidade case baleira e cargada de misterio. Cora sobrevive no porto e traballa descargando barcos na lonxa. Unha noite é testemuña dun grave incidente que nunca debeu ver. Unha orquestra investiga os sons do pasado que evocan a historia de tres mulleres obrigadas a fuxir. Talvez, a través deses sons poidan reconstruír a causa da desaparición dos habitantes da zona máis occidental de Europa.
Produtora: Xas Films , Asombra Cinema
|
FICHA ARTÍSTICA
Dirección de fotografía: / Javier Álvarez
Guión: / Fon Cortizo
Produción: / Fon Cortizo / Alexandre Cancelo
Director de son: / Eloy Táboas / Marco Maril
Director
Fon Cortizo |
Elenco
María Roja | Olga Cameselle | Areta Bolado | Ailén Kendelman | Noelia Castro |
Paco Barreiro |
IMAXES DO FILME