VIRADEIRA
Serie que lle vai dar a volta á tortilla, pois ese prato de madeira ou de louza serve para iso. Produción de Voz Audiovisual, que se estreou o 5 de novembro do 2017 na TVG. Os guións de Xosé Morais e Víctor Sierra, que comparten a idea da serie con Alberto Guntín, recuperan a esencia das comedias clásicas que -como apunta un dos seus directores, Óscar Pedraza- lembran a Berlanga, Azcona ou ós irmáns Coen.
Os segredos son esenciais neste enredo que se impulsa co atractivo da aventura. Un protagonista capaz de enfrontar situacións extremas no fondo do mar, que fará todo o posíbel por facerse cun tesouro afundido. O actor Adrián Castiñeiras é quen dá vida a Héctor, un científico supercachas que chega á vila de Dorneda a bordo do Medusa, un barco equipado coa máis alta tecnoloxía, para reflotar restos dun naufraxio. Pero Héctor enseguida chocará co microcosmos dos habitantes deste pobo, menos feitos aos gadgets tecnolóxicos e moito máis agudos cando se trata de capturar unha riqueza que todos queren para si.
Titulo orixinal: Viradeira Produtora: Voz Audiovisual
|
FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA
Música: / Manuel Riveiro
Montaxe: / Lu Rodríguez
Guión: / Xosé Morais / Victoriano S. Ferreiro / Lidia Fraga /.Alberto Guntín / María S.Ferreiro / Enrique Lojo
Dirección fotografía: : / Sergio Franco
Axudante de dirección: / Patricia A. Chamosa
Dirección artística: / Ángel Amaro
Produción: / Fernando R. Ojea / Silvia Mosqueira
Produción executiva: / Fernanda Tabarés / Alberto Guntín / Victoriano Sierra Ferreiro / Xosé Morais
Directores
Jorge Saavedra | Oscar Pedraza |
Elenco de actores e actrices
Adri. Castiñeiras | Sabela Arán | Iria Acevedo | Fina Calleja | César Cambeiro |
Iñaqui Rosado | Anxo Meis | Tito Asorey | Martín Vázquez | Cristina Gallego |
IMAXES DA SERIE
VER EN LIÑA
galego |
CAPÍTULO 1 |
BAIXAR A SERIE