Na década de 1910 comezáronse a exhibir os primeiros filmes longos que precisaban dun comentarista. Nese momento triunfaban os filmes procedentes de Francia, como Cabiria, a serie Les Vampires e desde a estrea de Quo Vadis?, que foi un éxito en toda Europa, puxéronse de moda as películas colosais italianas. O empresario Isaac Fraga Penedo triunfou ao converterse no exhibidor en exclusiva do filme en Galicia. Fraga, que entrara na industria do cinema co establecemento en 1909 dun pavillón en Santiago de Compostela, chegou a ser a figura dominante da exhibición en Galicia durante varias décadas e mesmo comprou o teatro Jofre en 1919.

      Isaac Fraga (1888-1982)           Antonio M. Laserna (-1928)

A outra figura da exhibición galega neses anos foi Antonio Méndez Laserna, que alugaba locais para proxeccións e apoiou a fundación da produtora Celta Film. Coa súa morte nun accidente de tránsito o 2 de decembro de 1928, deixoulle a Fraga case todo o mercado galego.

Quo Vadis?.(1912)

A parte de entreter e ser a maior opción de ocio, o cinematógrafo tamén desprega a súa compoñente informativa coa proliferación dos documentais e os noticiarios. Neste campo destacan os realizadores galegos do momento sendo os máis sinalables as figuras de Xosé Gil ou Enrique Barreiro. Unhas películas que na maioría eran curtametraxes que encabezaban as sesións cinematográficas. Tamén o xénero documental foi a ferramenta base que se utilizou para constituír o "cinema da emigración", unhas imaxes epistolares que intercambiaban os galegos das dúas beiras do Atlántico.

        Xosé Gil (1870-1937)              Enrique Barreiro (1899-1983)

En 1910, Xosé Gil dá o paso e comeza a súa actividade cinematográfica. A partir de 1914 combina o traballo no cine e na fotografía co negocio automovilístico, xa que el era o representante de Ford en Galicia. En 1915 realiza o considerado primeiro filme de ficción producido en Galicia, Miss Ledyia

Imaxe relacionada

 Miss Ledyia. Con Castelao como pastor protestante.

Un filme anecdótico na súa filmografía xa que el centrarase na demanda das películas para a emigración, nas publicitarias e nos noticieiros. Para tal efecto, fundou en 1922 a súa produtora "Galicia Cinematográfica". Realizou posiblemente máis de 150 traballos documentais como: Cabalgata anunciadora de las fiestas de Vigo (1910), Concierto de la Banda Municipal de Madrid (1910), Concurso hípico en Vigo (1910), La excursión viguesa a Santiago, Lérez y La Toja (1910), Manifestación anticlerical (1910), Regatas en Vigo (1910), Salida del "Wolverini" (1910), Llegada de la excursión portuguesa a Vigo (1910), Tercera sesión del concurso hípico (1910), La procesión cívica (1910), Colocación de la primera piedra del monumento a Curros Enríquez (1910), La Ribera del Berbés (1910), La Fiesta de la Poesía (1910), La patria de Colón (1910), La emigración en los puertos gallegos (1911), Escuelas del Valle Miñor (1912), Mediterráneo en Vigo (1911), La excursión viguesa a Pontesampaio (1911), Botadura del "España" (1911), La jinkana automovilista (1912), Concurso hípico (1912), La fuga de Llanderas (1914), El "Syboney" embarrancado en la Ría de Vigo (1919), Match entre el Arenas y el Vigo (1919), Fiesta de los Caneiros (1919), Imaxes de Vigo e alrededores (1925), As nosas festas de alá  (Nuestras fiestas de allá-1928), Galicia e Bos Aires (Galicia y Buenos Aires-1931) ou Talleres Alonarti (1928).  En 1929 crea a Revista de Galicia, un noticiario que os seus capítulos circulaban polas salas galegas. A actividade da súa produtora remata en 1935, dous anos antes de que finara.

Miss Ledyia. (1916)

Juan Enrique Barreiro, fillo dun fotógrafo pontevedrés de grande sona,  inscribe a patente do Cinecromo no ano 1925. Arredor de 1927, coa axuda do seu irmán Ramón, comeza a facer cinema. Catro anos despois funda a productora "Folk", coa que realizará un noticiario periódico, con obras como Pontevedra, cuna de Colón (1927), Noticiario nº 1 (1932), Por unha nova Galicia / Hacia una nueva Galicia (1933), Noticiario comercial (1933), Excursión estudiantil por el norte de España (1933), Fiestas en Ourense (1933), Noticiario Comercial sonoro (1934), El Seminario de Estudios Gallegos en Deza (1934), El Día de Orense en Pontevedra (1935) ou La Escuela Nacional del Trabajo en Pontevedra (1935). Coa chegada da República (1931-1936) fixo unha película cunha forte compoñente ideolóxica en prol do Estatuto de Autonomía. En 1935, por problemas económicos, deixa de facer cine en Galicia, trasladándose a Madrid. Durante a posguerra estivo encarcerado na illa de San Simón e despois non puido seguir coas súas investigacións e non se lle foi recoñecido os seus logros. Finou en Pontevedra en 1984.

Pontevedra, cuna de Colón. (1927)

A primeira longametraxe da historia do cinema da que temos constancia foi The Story the Kelly Gang (A historia da banda dos Kelly), filme australiano do ano 1906, dirixido por Charles Tait. Deste filme, dunha hora de duración só se conserva na actualidade uns vinte minutos.

The Story the Kelly Gang. (1906)

Teriamos que esperar en Galicia ata o ano 1930 para ter a primeira longametraxe de ficción producida no noso país. A traxedia de Xirobio (La tragedia de Xirobio), dirixida e interpretada polo tamén xornalista nado en Porto Rico e, posteriormenta afincado en Vigo, José Signo Garcés. Estivo protagonizada por Julio Rúa e actores da Agrupación Dramática Galega. A súa estrea, prevista para o ano 1931, non chegou a materializarse. O filme é unha adaptación libre da narración de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao recollida no seu libro Cousas, promovida por Vicus Films. Esta produtora xurde en Vigo en 1929 e comeza producindo documentais de curta duración que non achegan demasiadas novidades á filmografía creada durante as anteriores décadas por outras produtoras e operadoras galegas. Tres anos despois da súa creación, Vicus ten un catálogo de máis dunha ducia de reportaxes e un fresco de cinco rolos dedicado ás distintas cidades galegas, baixo o título de Galicia histórico-monumental.

Resultado de imaxes para la tragedia de xirobio

 Imaxe do filme A traxedia de Xirobio. 1930

En 1929 debido a Exposición Iberoamericana celebrada en Sevilla, as catro Deputacións galegas involucráronse no proxecto de realizar un filme sobre Galicia enfocada a ser un valioso material de propaganda turística. Unha Viaxe por Galicia (Un viaje por Galicia) foi un ambicioso proxecto que caeu en mans foráneas, no palentino Luís Rodríguez Alonso que realizara xa Viaje a través de Galicia y Asturias. Decisión que ocasionou unha grande indignación en José Gil, xa que el presentara un orzamento para a súa realización, notablemente inferior. E así laiábase o prexudicado nun artigo no Faro de Vigo, do 12 de xullo de 1929.

Unha viaxe por Galicia. (1929)

A orixe do termo «estrela de cinema» é un tanto dubidoso, un actor ou actriz sería unha estrela porque as estrelas simplemente son belas, brillan, están no máis alto e semellan ter unha  incandescencia propia.aparecen nos anos vinte unha chea de estrelas mundiais como Rodolfo Valentino (1895-1926), Mary Pickford (1893-1979), Buster Keaton (1895-1966), Max Linder (1883-1925), John Gilbert (1897-1936),  Mabel Normand (1895-1930), Charles Chaplin (1889-1977), Barbara La Marr (1896-1926), Thelma Todd (1905-1935), Lya De Putti (1899-1931), Roscoe Fatty Arbuckle (1877-1933), Gloria Swanson (1899-1983), Asta Nielsen (1881-1972), Alla Nazimova (1879-1945), Clara Bow (1905-1965) ou Theda Bara (1885-1955).

     Maruja del Mazo (-1928)                        Julio Rúa

En Galicia Maruja del Mazo foi unha das actrices promesas máis recoñecidas do cinema mudo dos anos vinte. Protagonista do filme Carmiña, flor de Galicia de 1926 baseado nun guión elaborado polo crego e polifacético escritor ourensá Antonio Rey Soto, producido polo empresario madrileño Juventino Garrido e dirixido polo italiano Rino Lupo.

Carmiña, flor de Galicia. (1925)

No ano 1923 Henry Vorins dirixiu Maruxa, filme mudo baseado na obra lírica Maruxa, do compositor catalán Amadeo Vives. Protagonizado por Paulette Landais e Florián Rey, rodouse en Vigo e Sárdoma no verán de 1923, e estreouse o 11 de novembro dese mesmo ano no Cine Goya de Madrid, Alcorcón, Alcalá de Henares, A Coruña, Valladolid, Granada, Toledo e Valencia, e o resto dos cines de España, o 10 de xaneiro de 1924.

Resultado de imaxes para maruxa 1923

Cartel do Cine Goya de Madrid. (1923)

Non se conserva ningunha copia deste filme. Como novidade, os títulos tiñan unha versión en lingua galega, realizados polo escritor e político galeguista Manuel Lugrís Freire.

Resultado de imaxes para manuel lugris freireResultado de imaxes para alejandro perez lugin

      Manuel Lugris (1863-1940)       Alejandro P. Lugin (1870-1926)

Alejandro Pérez Lugín, personaxe excéntrico, novelista e operador de cine, nado en Madrid e educado en Santiago de Compostela, dirixe coa axuda de Manuel Noriega a versión da súa popular novela La casa de la Troya (A casa de Troia). A película comezaría a rodarse en Galicia no verán de 1924, con produción madrileña e financiamento parcialmente galego. Os operadores son dous dos mellores que traballaban por aquela época en España: Agustín Macasoli e José Gaspar.


Resultado de imaxes para rodaxe

Rodaxe da casa da Troia no pazo de San Lourenzo. (Foto de Carlos Castelao)

Nomes como Maruja Mallo, Carolina Otero (A Bela Otero) ou Ignacio Quirós apareceron nas páxinas da revista Galicia Emigrante, como mostra do que os galegos e fillos de galegos facían nas pantallas e teatros de fóra de Galicia. Desta época é tamén a relación do cine coa compañía relixiosa fundada polo patrón da cinematografía: os salesianos, creados por San Xoán Bosco teñen un labor iniciático na divulgación, promoción, fomento, defensa e mesmo formación e protección do cine de base aló onde se asentaron, moi a pesar da represión franquista, en Vigo, Ourense ou A Coruña.

Resultado de imaxes para maruja malloImaxe relacionadaResultado de imaxes para ignacio quiros

      Maruja Mallo (1902-1995)           Carolina Otero (1868-1965)          Ignacio Quirós (1931-1999)