EDUARDO BARREIROS, O HENRY FORD GALEGO

Telefilme rodado en Galicia, dirixida por Simón Casal e protagonizado por Manu Regueiro, Julio Pereira  e María Tasende, que se centra na figura do que chegou a ser un dos seis empresarios máis importantes de Europa nos anos 1960 construíndo o imperio industrial de Barreiros, que comezou coa xenial idea de converter os motores de gasolina de camións e autobuses en motores diésel (de gasóleo).

A carreira profesional de Barreiros, un rapaz de pobo, comezou coa xenial idea de converter motores de gasolina en motores diésel, creando un imperio industrial con case 25.000 traballadores.

O motor diésel chegou a ser para os españois sinónimo de Barreiros, e iso a pesar da hostilidade dun sector gobernamental tan influente como o INI. En 1963, a asociación con Chrysler, nun dos maiores investimentos estadounidenses en España, lanzouno a un protagonismo internacional.

Posteriormente, o socio americano foi gañando terreo ao español nas ampliacións de capital, até que a empresa pasou a ser Chrysler España en 1969.

Titulo orixinal: Eduardo Barreiros, o Henry Ford español
Tipo: Longametraxe
Xénero: Filme para televisionBiografica
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 99'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 897.670 €
Importe subvencións: 125.000 €

Proxección / Festival de Cine de Ourense            Produtora / Continental P, S.L. /Setemedia          Subvención ou axuda pública / Agadic / Xunta de Galicia

 

IMAXES DO FILME

 

VER EN LIÑA

galego galego

BAIXA-LO FILME

 

VER TRAILER / ANACO