MEIGALLOS, SOMBRAS E PAPAS DE ARROZ

Curtametraxe de animación stop motion baseada na obra poética de Eladio Rodríguez González, dirixida e animada por Virginia Curiá e Tomás Conde

Cansada dos poucos resultados do doutor a nai decide pedirlle a Meiga do Castro axuda para desenrevellar o seu esmirriado fillo. Uns pais labregos, un rapaz cun 'aire de defunto', unha bruxa cun peinado rockanroleiro e uns porcos máis listos do habitual son os protagonistas desta curta de animación con personaxes de plastilina. A Meiga do Castro é unha espabilada muller que axudará -previo pago dun porco- a curar a doenza do rapaz. Pero axiña se verá que as cousas non son o que parecen... 

Titulo orixinal: Meigallos, sombras e papas de arroz
Tipo: Animación
Xénero: Comedia, literario
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 16´
Orixe: Galicia
Ano: 2000
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 72.067 €

Produtora:Lúa Films / Algarabía Animación/TVG
Subvención ou axuda pública: Xunta de Galicia

FICHA ARTÍSTICA

Dirección artística: Pili Cepedello / María Loureiro
Dirección fotografía: Virginia Curiá
Guión: Daniel Domínguez / Puri Seixido
Música: / Gastón Rodríguez
Montaxe: Pablo Goluboff
Produción: Emilia Neira / José María Suárez
Xefatura de son: Alberto Beade

Directores

Tomás Conde Virginia Curiá

Autor da obra

Eladio Rodríguez

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego