JUANA DE VEGA. VIZCONDESA DO ARADO
Longametraxe do ano 2016 estreada un ano despois en televisión, dirixida por Zaza Ceballos. Baseada na vida de Juana María de la Vega, unha das mulleres pioneiras en España na defensa da xustiza e contra as desigualdades sociais. Protagonizada por Sonia Castelo e Luisa Merelas.
En 1871, Juana de Vega, tras unha vida intensa e xa ao final dos seus días, dita o seu testamento. A súa gran preocupación é deixar en marcha o seu último proxecto: unha Granxa Escola para os campesiños do lugar. Ante a curiosidade do avogado por este interese case obsesivo de Juana, a Condesa inicia o relato dunha das historias da súa vida. Anos atrás recibiu un encargo moi singular: educar a raíña Isabel II (entón unha nena de 11 anos) para facer dela a primeira raíña constitucional, unha raíña caritativa e xusta. Juana, firme crente no poder da educación, aceptará o encargo de formar a que se pasou a chamar "a alumna da liberdade".
Aos poucos, Juana intentará gañar a confianza da raíña-nena, no medio dun ambiente de conspiracións palacianas que desembocarán no intento de secuestro das infantas.
Titulo orixinal: Juana de Vega. Vizcondesa do arsado Emisión ou proxección: Televisión de Galicia
|
FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA
Dirección fotografía: / Sergio Franco
Guión: / Miguel Anxo Murado
Dirección artística: / Iago Pousa
Montaxe: / Gerardo Rodriguez
Directora
Zaza Ceballos |
Eleco
. | . | . | . | . |
Blanca Cendán | Xoel Fernández | Adri. Castiñeiras | Miquel Ínsua | Iván Marcos |
IMAXES DO FILMEa
VER EN LIÑA
galego |
BAIXAR O FILME
VER O TRAILER / ANACO