GALATASARAY-DEPOR

Galatasaray-Depor (orixinalmente One Day in Europe) é un filme do director alemán Hannes Stöhr do 2005. Encadrada no xénero de comedia, o filme estivo nominado para o Oso de ouro no Festival de cinema de Berlín de 2005.

Unha muller de negocios en Moscú, un excursionista en Estambul, un pelegrín húngaro en Santiago de Compostela e unha parella francesa en Berlín. Catro casos de roubo de equipaxe, catro comisarías de policía, catro problemas de entendimento lingüístico, catro visións da Champions League  Todo o mesmo día da final da Champions League entre o Galatasaray de Estambul e o Deportivo da Coruña. En clave de comedia, as diferencias culturais e lingüísticas dos europeos cun pano de fondo, o fútbol, que parece ser o que máis nos une. 

Titulo orixinal: One day in Europe
Tipo: Longametraxe
Xénero:  Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 90'
Orixe: Galicia
Ano: 2005
Idioma V.O.: Galego, castelán, ruso, turco, alemán, inglés, portugués e francés.
Recadación: 37.213 € 
Espectadores: 7.823

Distribuidora / Baños Films 
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe
Produtora / Filmanova I. Filmanova S.L. / Moneypenny Filmproduktion TVG

 

FICHA ARTÍSTICA

Dirección artística: / Andreas Olskausen 
Dirección fotografía: / Florian Hoffmeister 
Guionista: / Hannes Stöhr 
Montaxe: / Anne Fabini 
Produción: / Sigrid Hoerner / Anne Leppin / Antón Reixa 
Xefatura de produción: / Xabier Eirís

IMAXES DO FILME

VE-LO FILME EN LIÑA

BAIXA-LO FILME

VER TRAILER / ANACO