AFRANIO

Documental ficcionado dirixido por Victor Coyote e protagonizado por Luis Tosar, estivo inspirado no libro autobiográfico de Antón Alonso Ríos, un entusiasta e emprendedor mestre con inquedanzas sociais e agraristas, xerente de sociedades científicas e promotor cultural. 

En 1931, coa proclamación da República, voltou con toda a súa familia da Arxentina a Galicia e participou activamente no anteproxecto do Estatuto. Electo deputado por Pontevedra en 1936 co Frente Popular, diante do golpe antirrepublicano defendeu Tui e despois para salvar a súa vida tívose que facer pasar por un esmoleiro co alcume de Siñor Afranio. 

Titulo orixinal: Afranio
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico, histórico, bélico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 61´
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Inglés, castelán, galego
Importe subvencións: 35.735 €

Subvención ou axuda pública: Consellería de Cultura / Consorcio Audiovisual de Galicia
Produtora: Televisión de Galicia / Alén Filmes / 
Emisión ou proxección: Televisión de Galicia

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: Lorena Vilas
Dirección fotografía: Juan Morgade
Dirección artística: Tanis Villar
Perruquería: Raquel Fidalgo
Produción: / Diego Méndez / Micaela Sinde
Maquillaxe: Raquel Fidalgo

Director

Victor Coyote

Elenco de actores

Luis Tosar Fco. Castroman Nuria Gullón Xabier Jácome Muriel Sánchez
Julio Cela Victor Coyote Miguel Ferreiroa Micaela Cardoso Ramón Garrido
Paulino Ferreiro Máximiliano Masip Esther Gamallo Manuel Alonso Ramón Castro

Intervintes

Xosé Neira Vilas Bieito Alonso Álvarez Cáccamo Anxo R.Gallardo

Autor da obra

Antón Alonso Ríos

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego-portugués

VER TRAILER / ANACO