A LINGUA DAS BOLBORETAS

Versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro ¿Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.

Moncho non quere ir ó colexio porque teme que o profesor lle pegue, como era habitual na educación da época. Pero o seu mestre non é así, xa que Don Gregorio, utiliza o método de observación como ensinanza. Durante estes sucesos, estanse librando batallas preto de Madrid. Don Gregorio ensínalle moitas cousas a Moncho, principalmente fálalle sobre a liberdade. En consecuencia, cando os franquistas gañan a guerra, levan presos varios republicanos nun camión. No camión, atópanse varios amigos e coñecidos do lugar, pero tamén estaba Don Gregorio. Os pais de Moncho, en especial a súa nai, exhórtano a que berre cara ós republicanos, deixando clara a súa postura política. Comezou a berrarlles Roxos! Asasinos!, como facían o resto, pero ó cabo, marchou correndo detrás do camión dicíndolle a Don Gregorio Tilonorrinco! e Espiritrompa!, que eran cousas que aprendera del nas súas clases.

Titulo orixinal: La lengua de las mariposas
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Realizada a cor
Duración: 95'
Orixe: Galicia
Ano: 1999
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Inglés, Castelán
Dobrada: Galego
Orzamento: 2.211.800 €
Recadación: 4.632.493 € 

Produtora / L. P.del Escorpión / Sogetel  TVG /  Voz Audiovisual 
Subvención ou axuda pública / Canal + / Xunta de Galicia / Deputación de Ourense /ICAA  /TVE

 

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

BAIXA-LO FILME

VER TRAILER / ANACO