A ROSA DE ALEXANDRÍA

Longametraxe que forma parte da serie do detective Pepe Carvalho baseada na obra homónima de Manuel Vázquez Montalbán, dirixida por Rafael Moleón no 2003.

Cando o cadáver de Encarna Abellan aparece esnaquizado nunha praia de Barcelona, o detective Pepe Carvalho comeza as pescudas e viaxa á Coruña. Ela estaba casada cun rico propietario pertencente a unha coñecida familia coruñesa e viaxara a Barcelona para se someter a un tratamento de fertilidade, mais antes mantivera relacións con Ginés Larios, oficial da mariña mercante e ex-mozo seu, a quen deixara para casar co rico herdeiro. O suicidio deste último parece dar o caso por pechado, non obstante Carvalho decide tentar esclarecelo todo.

Titulo orixinal: La rose d'Alexandrie
Tipo: Longametraxe
Xénero: Intrigafilme para televisión
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 87´
Orixe: Galicia-Cataluña
Ano: 2004
Idioma V.O.: Francés e catalán
Dobrada: Galego, catalán, francés, alemán

Emisión ou proxección: Televisión de Galicia / Televisió de Catalunya
Produtora: Televisión de Galicia / Televisió de Catalunya / Voz Audiovisual S.A.U. / Institut del Cinema Catalá / Studio Internacional

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: José Juan Franco
Dirección fotografía: Xavier Gil
Guión: Pedro Molina / Esther Cases
Dirección artística: / Leo Casamitjana
Montaxe: Frank Gutiérrez
Música: / Mario de Benito / Miguel Ángel Vera
Xefatura de produción: Alfonso Blanco
Xefatura de son: /Fran Arcay / Felipe Aragó

Director

Rafael Moleón

Elenco

Juanjo Puigcorbé Jean Benguigui Carla Maciel Alfonso Agra Miguel de Lira
X.Olveira "Pico" Antonio Mourelos Luis Iglesia Gonzalo Uriarte Rosa Álvarez
Isabel de Toro Fely Manzano Santi Prego Suso Lista Sonia Méndez
Manuel Lourenzo Estíbaliz Veiga Federico Pérez David Seijo Olalla Salgado
Manuel Basoa Luisa Gundín Pep Cortés Anna Briansó José A. Marín
Tito Barbeito Alexis Hill Begoña Giménez Eyenga Alberto Souto
Alfredo de la Fuente María Elvira Norat Julio Iglesias Ismael del Meiral Miguelina Pérez

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

francés