A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER

Película de cine galego escrita e dirixida por Alfonso Zarauza. Outros títulos polos que é coñecida a película son Spleen e A noite da maga e o pan.

Road movie dunha noite polo interior dunha máxica cidade de pedra, Santiago de Compostela, que se torna un dos protagonistas. Os camiños de Spleen (Luis Tosar) e a Rusa (Nora Tschirner) crúzanse para unir os seus destinos nunha viaxe inesperada, tenra e surrealista.. Unha viaxe polo interior da cidade, da noite e deles mesmos, que cambiará as súas vidas para sempre.

Titulo orixinal: La noche que dejó de llover
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 95'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego
Orzamento: 2.140.000 €
Porcentaxe subvencións: 11,41 % 
Capital Galego: 50 %

Produtora / Filmanova / Iroko / Perro Verde
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura

 

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO