VENTO FERIDO
Miniserie realizada tomando como base os relatos da obra Vento ferido, do desaparecido escritor ourensán, co-escrita e dirixida por Miguel Grandío. Partindo dos doce relatos que forman parte do primeiro libro publicado por Carlos Casares, un grupo de 17 estudantes de Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas rodou en xuño de 2015 nas rúas, parques e vivendas de Celanova unha “adaptación libre” de Vento Ferido.
Por moito que intentemos escapar do pasado, dun xeito ou outro, este sempre volve a nós. Isto é o que lle ocorre a Milo, un rapaz de 23 anos que debe regresar ó seu pobo natal anos despois de escapar del. Á súa volta descubrirá que tivo motivos máis que suficientes para marchar, e o que parecía un grato reencontro coa familia e os amigos, convertirase nun día que xamáis esquecerá, no que os fantasmas do pasado non pasarán desapercibidos.
Titulo orixinal: Vento ferido Subvención ou axuda puública: Agadic / Deputación de Ourense / Concello de Celanova
|
FICHA ARTÍSTICA
Cámara: / Iago Manoel / Nico Pampín
Dirección fotografía: / María J.Rodríguez
Guión: / Miguel Grandío / Ängel López / Nerea Sarmiento
Dirección artística: / Lucía Braña
Script: / Sara Gallego
Produción executiva: / Paulino Pérez
Xefatura de produción: / Sara Varela
Axudante de dirección: / Ángel López
Montaxe: / Sara Fernández
Música: / Jaime Rosales / Davide González Lorenzo
Xefatura de son: / Xián Freire
Director
Miguel Grandio |
Elenco
Sergio Alfonso | Lucía Golán | Germán Álvarez | Ramón Ferreira | Paula López |
Autor da obra
Carlos Casares |
IMAXES DA SERIE
VER EN LIÑA
galego |