RETORNOS
Longametraxe dirixida polo galego Luis Avilés Baquero que foi estreada no 2010.
Álvaro (Xavier Estévez), tras fuxir de si mesmo durante dez anos, regresa á súa vila, unha pequena aldea de Galicia, para asistir ó enterro do seu pai. Alí tentará reconciliarse co seu irmán Xosé (Xosé Manuel Olveira "Pico") e recuperar o amor da súa filla Mar (Manuela Vellés). Todo se complica cando Álvaro atopa a unha muller morta na estrada. É Lidia (Yoima Valdés), unha prostituta moi amiga de Mar. Álvaro, que teme pola seguridade da súa filla, comeza a investigar, destapando os trapos sucios dun pobo no que nada é o que parece e onde todos teñen algo que agochar.
Titulo orixinal: Retornos Participación / Televisión de Galicia (TVG) |
FICHA ARTÍSTICA
Dirección artística: / Alexandra Fernández
Dirección de produción: / Borja Pena
Dirección fotografía: / Ricky R. Morgade
Figurinista: / Ana López
Guionista: / Alejandro Hernández
Maquillaxe: / Raquel Fidalgo
Montaxe: / José Ramón Lorenzo
Música: / Sergio Moure
Perruquería: / Noé Montes
Produción: / Emma Lustres / Borja Pena
Produción Executiva: / Emma Lustres
Xefatura de produción: / Alberto Tomé
Xefatura de son: / Rubén Piputto