RETORNO A TAGEN ATA

Adaptación da obra homónima de Xosé Luis Méndez Ferrín, foi a primeira curtametraxe galega en rodarse no formato profesional de 35 mm. Rodada en condicións precarias e sen case presuposto no debut do director Eloy Lozano, presenta múltiples problemas técnicos pero mantén unha fonda vocación narrativa. A súa estrea foi nas III Xornadas de Cine de Ourense en xaneiro de 1975.

Unha moza nova volve a Tagen Ata, a súa terra e un país sen liberdade, para se entrevistar co líder da resistencia interior, e personaxe misterioso. Na entrevista este dille que xa non hai motivos para a loita tras concederlle desde o poder central certa autonomía ao país.

Titulo orixinal: Retorno a Tagen Ata
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 12´
Orixe: Galicia
Ano: 1973
Idioma V.O.: Galego

Produtora: Praia Lenta Films
Emisión ou proxección: Festival de Cine Internacional de Ourense / Centro Galego de Artes da Imaxe

FICHA ARTÍSTICA

Dirección fotografía: A. Ballesteros / Tucho Rodríguez
Guión: Eloy Lozano
Montaxe: José Miguel Ramos "Ibiricu"
Música: Pink Floyd
Iluminación: Eloy Barreiro
Xefatura de son: / Eloy Barreiro

Director

Eloy Lozano

Elenco

Alfredo Cortón José de Lage Manuel Gómez Anxo Martínez Delfina Meire
Lourdes Soto

Autor da obra

Méndez Ferrín

IMAXES DO FILME

 

Haz tu página web gratis Webnode