PETER BRANDON. UNHA VIDA POLA COMEDIA
Miniserie de tres capítulos de 2018 da produtora Porco Bravú, dirixida por Jorge Boquete, escrita por Óscar Cruz e protagonizada por Pedro Brandariz, xunto con Isabel Risco, Evaristo Calvo, David Amor, Miguel de Lira, Enrique Lojo, María Costas, ou María Tasende, entre outros.
Pedro Brandariz é un cómico galego que, a punto de cumprir 40 anos, está perdido na súa vida. Perdeu a ilusión polo seu traballo e síntese estancado profesionalmente. Quere dar o paso definitivo cara o seu éxito, facerse co público máis novo e ser recordado polo seu novo estilo de comedia. Para conseguilo adopta unha nova identidade, agora Pedro Brandariz é Peter Brandon.
Titulo orixinal: Peter Brandon. Unha vida pola comedia Produtora: Porco Bravú
|
FICHA ARTÍSTICA
Dirección de fotografía: / Dani Graña
Dirección de produción: / Javi Lopa
Guión: / Óscar Cruz
Montaxe: / Pablo García
Produción: / Jorge Boquete
Axudante de produción: / Eli Monteagudo
Xefatura de son: / Diego Bouzón
Director
Jorge Boquete |
Elenco
Xosé Touriñán | Marcos Pereiro | Lucía Veiga | Bruno Martín | Alejandro Mnez. |