PATAGHOROBÍ

Longametraxe galega dirixida por Ricardo Llovo no ano 2005. Trátase dun thriller de 70 minutos de duración, a primeira TV movie das catro que conformaron o proxecto Un mundo de historias de Televisión de Galicia. A rodaxe da cinta levouse a cabo integramente na cidade de Vigo, sendo o primeiro telefilme rodado en galego.

Un escritor vigués recibe unha carta encadeada coa solicitude de que a reenvíe. Trátase da típica misiva que promete boa sorte se colaboras e ameaza coa desgraza en caso de non continuar coa cadea. O protagonista non lle dá importancia ó asunto e desfaise do orixinal, aínda que garda unha copia pensando que quizais lle poida servir de inspiración nalgún relato que escriba no futuro.

Titulo orixinal: Pataghorobí
Tipo: Longametraxe
Xénero: Intrigafilme para television
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 70´
Orixe: Galicia
Ano: 2005
Idioma V.O.: Galego
Importe de subvencións:  27.907 €

                

Produtora: Ficción Producciones / Producciones Doble Banda, S.L. / TV3 / Televisión de Galicia
Emisión: Televisión de Galicia / TV3
Subvención ou axuda pública: Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Alberto Díaz Blanco
Dirección fotografía: Alberto Goitia
Guión: Oriol Paulo / Juan Vicente Pozuelo / Curro Royo
Axudante de dirección: Lorena Vilas
Produción executiva: Antón Dobao
Xefatura de son: Juan J. Gay López

Director

Ricardo Llovo

Elenco

Víctor Mosqueira César Cambeiro A. Durán "Morris" Yolanda Castaño Núria Prims
Monti Castiñeiras Celso Bugallo Nuria Sanz Sonia Méndez César Goldi
Mónica Camaño Susana Dans Xabier Deive Antón Olmos Julio Pereira
Antonio Cancelas Anxo Carbajal Luis Iglesia Pepe Penabade Laura Ponte
Rocío Casal

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO