OS XIRASOIS CEGOS

Coprodución galega do 2008, dirixida por José Luis Cuerda, baseada na novela homónima de Alberto Méndez. Foi rodada en lingua castelá en Ourense (entre outras localizacións) no verán do 2007, a súa estrea foi o 29 de agosto de 2008. Está protagonizada por Maribel Verdú e Javier Cámara, e no seu reparto figuran ademais actores galegos coma Martiño Rivas ou José Ángel Egido.

Ambientada na posguerra, conta a historia de Elena (Maribel Verdú), nai dun fillo pequeno, Lorenzo (Roger Princep), e cuxa filla maior, adolescente Elenita (Irene Escolar), fuxiu embarazada co seu mozo Lalo (Martiño Rivas), perseguido pola policía. Tamén o seu marido Ricardo (Javier Cámara) vive agochado, neste caso nun buraco no dormitorio da parella, de xeito que Salvador (Raúl Arévalo), un diácono que pensa en colgar os hábitos, pensa que e viúva, obsesiónase con ela e comeza a acosala.

 

Titulo orixinal: Los girasoles ciegos
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 101'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego                                                   Recadación: 4.168.462 €                                       Espectadores: 730.543

Produtora / Producciones A Modiño,S.L.  /  Producciones Labarouta  / Sogecine

 

 

 

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA                                 (En español)

VER TRAILER / ANACO