O TESOURO
Adaptación televisiva do mundo do fantástico e do descoñecido da man de Anxel Fole, dirixida por Xaime Fandiño. O Castelo de Soutomaior, en Pontevedra, o pazo e a igrexa de San Lourenzo e o Hostal dos Reis Católicos, en Santiago foron as localizacións elixidas para a gravación.
Ao carón dunha lareira nunha noite de inverno cóntanse historias da Galicia labrega. Os elementos fantásticos pertencen ao mundo irreal e descoñecido. Visións ou soños onde aparecen estraños personaxes, tendo como elemento común a busca do tesouro e a forma violenta de tratar a morte coma no caso presente, no que os celos levan á morte ao amante e anos despois ao seu descendente no mesmo lugar.
Titulo orixinal: O tesouro Produción: Televisión de Galicia (TVG) |
FICHA ARTÍSTICA
Axudante de dirección: / Carlos Soutelo
Dirección fotografía: / Enrique Rodríguez
Guión: / Ánxel Fole
Música: / Manuel Conde
Produción executiva / Hilario Pino
Dirección artística: / Suso Montero
Director
Xaime Fandiño |
Elenco de actores
Xan Cejudo | Maxo Barjas | Evaristo Calvo | César Cambeiro | Pepe Penabade |
Marcos Orsi | Luis Tosar | Luis Zahera | Manuel Manquiña | Víctor Mosqueira |
Miguel Varela | Teresa Horro | Arturo García | Melania Barral | Juan Vidal |
Autor da obra
Ánxel Fole |
IMAXES DO FILME
VER EN LIÑA
galego |