O DOCUMENTO

Curtametraxe rodada en 1974 por Enrique Baixeras, baseada nun relato da obra Ä lus do candíl do escritor lucense Ánxel Fole.Foi un dos primeiros intentos de rodar en galego, nuns anos nos que a lingua galega non tiña ningún tipo de recoñecemento. De feito, o filme foi secuestrado pola policia franquista baixo a recomendación de "usted lo que tiene que hacer son películas en castellano, que es el idioma de la patria".

Un rapaz abandonado pola súa moza amenaza con suicidarse tirándose dunha árbore ante unha multitude de familiares e veciños que tratan de disuadilo, sucedéndose dese xeito as situacións cómicas co lamento final do tío do rapaz pola intervención do fidalgo que convence ó rapaz, perdendo así o tío a posibilidade de quedar coa herdanza.

Titulo orixinal: O documento
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Dramacomedialiterario
Produción propia 
Realizada en branco e negro
Duración: 21´
Orixe: Galicia
Ano: 1974
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 14.000 ptas ( 84 € )

                                              

Produtora: Enroba

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: Miguel Gato
Produción: Parada
Foto fixa: Xavier Iglesias
Script / A. Rodríguez
Graficos e debuxos: / Enrique Baixeras
Son: Moinelo Bermúdez

Director

Enrique Baixeras

Autor da obra

Ánxel Fole

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego