MEIGALLOS

Longametraxe de animación 3D estreada no 2013,  dirixida e animada pola gaditana afincada en Galicia Virginia Curiá

Malva é unha rapariga abducida por canta novidade tecnolóxica aparece no mercado. Vive coa súa avoa Lalilas e a súa mascota Mus, nunha caravana coa que se desprazan vendendo herbas e preparados de medicamento natural tradicionais. Estas fórmulas que Lalilas garda celosamente son obxecto de desexo de Rufa, dona dunha fábrica de cosméticos, que para conseguilas non dubidará en secuestrar á anciá. A liberación de Lalilas obrigará a Malva a vivir unha intensa experiencia con misión de rescate que espertará o seu interese por coñecer máis a fondo os segredos da avoa.

Titulo orixinal: Meigallos / Brujerías
Tipo: Animación
Xénero: Aventuras
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 76´
Orixe: Galicia-Andalucía
Ano: 2013
Idioma V.O.: Galego
Dobrada: Castelán
Orzamento: 1.500.000 €

Produtora: Continental Producciones / Arrayás   

FICHA ARTÍSTICA

Dirección fotografía: Virginia Curiá
Produción executiva: Pancho Casal / Inés Romero
Guión: Ánxela Loureiro

Directora

Virginia Curiá

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO