MARATÓN

Filme feito para televisión, dirixido polo galego Breogán Riveiro con Xabier Deive e Ledicia Sola como protagonistas, e cunha das derradeiras aparición na pantalla do esteirán Xosé Manuel Olveira 'Pico' .

A vida de Hassán, un inmigrante marroquí residente nun pobo galego xunto á súa esposa, Samira, cambia de súpeto coa chegada do seu irmán, Youseff, quen trae malas novas: Hassán está obrigado a pagar axiña o cuantioso dote de Samira, a risco de perder a súa honra e o da súa familia. Para xuntar toda esa cantidade de diñeiro, Hassán debe facer o que mellor sabe: correr. Coa axuda de Pablo, un adestrador da vella escola que acaba de ser despedido, Hassán porá todo a súa vontade e esforzo para acadar a solución aos seus problemas: gañar o maratón do pobo.

Título orixinal: Maratón
Tipo: Longametraxe
Xénero: Dramafilme para television
Produción propia
Realizada a cor
Duración:
Orixe: Galicia
Ano: 2013
Idioma V.O.: Galego

Distribuidora / Televisión de Galicia (TVG) 
Produtora / Formato Producciones,SL /Televisión de Galicia (TVG)

 

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO