KATIUSKA. UN CONTO AGRÍCOLA

Curtametraxe de video-danza escrita e dirixida por Antón Coucheiro. Un experimento audiovisual onde os personaxes son bailaríns profesionais e actores físicos onde a narrativa tradicional é substituída por coreografías de danza contemporánea e movemento sen diálogos. O poder das localizacións en paraxes naturais da comarca da Ulloa, a forza expresiva dos bailaríns, unha linguaxe alegórica repleta de simbolismo, os sons do auga e da natureza coa composición de arranxos musicais para as coreografías, únense nun produto no que prima a beleza visual e sonora e a imaxe poética.

Titulo orixinal: Katiuska, un conto agrícola
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Experimental
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 14´
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Ningunha lingua

                                              

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Alberto Palacios
Dirección fotografía: Francisco Arnoso, Pixi
Música: Suso Alonso
Guión: Antón Coucheiro
Axudante de dirección: Josiño Díaz
Edición: Joserra Lorenzo
Produción: Miguel Eyre

Director

Antón Coucheiro

Elenco

Carolina Ramos (2) David Loira Branca Novoneyra Rut Balvís Manuel Lago

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA