ILLA PEDRA

Curtametraxe que nace como proxecto de graduación do máster de dirección cinematográfica da escola de cine de Londres (LFS) dirixida e escrita pola viguesa Adriana Páramo, que vén de ser noticia porque se trata do primeiro proxecto audiovisual que inclúe audiodescrición para cegos, é dicir, unha dobraxe para invidentes.. O seu xerme é o poemario "Dende Illa Peixe" de Lara Dopazo

Cando Antia deixa a súa vila natal, a súa mellor amiga Iria séntese traizoada. Anos máis tarde, Antia volve de visita e cando ela se atopa con Iria, ambas as dúas senten que algo cambiou. Antia tenta expor a súa nostalxia e Iria aínda non foi quen de perdoala. Unha tarde, ambas as dúas expoñen os seus sentimentos mediante a poesía, loitan cos seus medos e aprenden o xeito de entender unha á outra.

Titulo orixinal: Illa Pedra
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 18´
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego
Subtítulos: inglés
Dobrada.: Galego (para cegos)

                

Soporte técnico a rodaxes:  Pixel Films

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Emiliano Leon
Dirección fotografía: Emiliano Leon
Música: Noel Feáns
Montaxe: Ryan Mcguire
Guión: Adriana Páramo
Xefatura de produción: María Vence
Dirección artística: Vanesa Soares

Directora

Adriana Páramo

Elenco

Nerea Barros María Tasende Lucía Regueiro Carlos Villa Aitor Rei

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego
inglés inglés

VER TRAILER / ANACO