FRAGA E FIDEL, SEN EMBARGO

"Fraga y Fidel, sin embargo", é unha longametraxe documental sobre o encontro de dous líderes políticos realizado por Manuel Fernández Valdés.

O ex líder cubano Fidel Castro visitou nunha ocasión, en 1992, o lugar onde nacera seu pai, a localidade galega de Láncara. Na viaxe contou coa hospitalidade do daquela presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. Durante dúas intensas xornadas Fraga convidouno a coñecer desde a Praza do Obradoiro até o polbo á feira. Na tese deste documental, as diferenzas políticas entre ambos foron superadas polas cousas en común, como personalidades públicas que sobreviviron o século XX e como fillos de galegos emigrantes a Cuba.

Titulo orixinal: Fraga y Fidel, sin embargo
Tipo: Documental
Xénero: Histórico, político, social
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 90´
Orixe: Galicia
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego  e castelán
Importe subvencións: 40.000 €

Produtora: Bambú produciones
Subvención ou axuda pública: Xunta de Galicia

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Carlos Vásquez / Enrique Baró
Dirección de produción: Teresa Fernández-Valdés
Guión: / Manuel Fernández Valdés
Produción: / Teresa Fernández-Valdés / Ramón Campos
Montaxe: Fernando Carmena 
Xefatura de son: Juan J. Gay

Director

Manuel F.-Valdés

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO