CORUÑA IMPOSIBLE
Curtametraxe galega escrita e dirixida por Paco Rañal no ano 1995. Producida pola Escola de Imaxe e Don da Coruña, é unha produción rodada na cidade da Coruña de 12 minutos de duración, rodada en branco e negro.
O curioso argumento está protagonizado por un home que esperta na praza de María Pita da Coruña practicamente espido, levando postos unicamente unhas zapatillas e un calzón. Atordado e avergoñado, intenta atopar algunha prenda de roupa coa que cubrirse e regresar canto antes á casa, pero ese obxectivo non lle resultará tan doado como parecía.
Titulo orixinal: Coruña imposible
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / Escola de Imaxe e Son da Coruña / La Voz de Galicia |
FICHA ARTÍSTICA
Dirección fotografía: / Sergio Franco
Guionista: / Paco Rañal
Maquillaxe: / Raquel Fidalgo / Ana Muiño
Música: / Claudio Canedo
Perruquería: / Xurxo Sánchez Gómez
Produción: / Cheché Carmona / Amalia Mato /Fernando Pereira
Xefatura de son: / Claudio Canedo
Director
Paco Rañal |
Elenco
Roberto S. Luna | Vicente Montoto | Fely Manzano | Isabel de Toro | Manuel Ramallal |
X.L.Baño"Tanas" | Isabel Vázquez | Mary Malvido |
IMAXES DO FILME
VER EN LIÑA
galego |