ANOS DESPOIS

Longametraxe galego-mexicana escrita e dirixida pola mexicana Laura Gardós Velo, neta do tamén cineasta galego Carlos Velo.

Andrés, que vive en México DF, cría morto o seu avó materno, Justino. Cando descobre que aínda vive na aldea Cartelle (Ourense), decide visitalo. A nai de Andrés está resentida con Justino, que estivo ao servizo do goberno franquista, por deixala orfa de nai: E é que o agora ancián non impediu no seu día a morte da súa propia muller, que foi finalmente asasinada, por ser republicana. Agora, Andrés vaise namorar dunha galega e tentará convencer súa nai para que veña tamén a Galicia.

Titulo orixinal: Años después
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 95´
Orixe: Galicia-México
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego, castelán
Importe subvencións: 300.000 €

Subvención ou axuda pública:  Agadic  /  Consellería de Cultura
Produtora: Televisión de Galicia / Foprocine - Imcine / Ringo Rango / Senderos Imagen

FICHA ARTÍSTICA

Xefatura de son: Carlos Mouriño / Pablo Tamez
Dirección fotografía: Abraham Arizpe / Marta Villar
Guión: Laura Gardós Velo
Dirección produción: / Elizabeth Cortés / María Liaño
Montaxe: Ignacio Elizarrarás / Laura Gardós Velo
Música: / Manuel Riveiro
Produción executiva: Ignacio Elizarrarás / Tania Rodríguez / Antón Reixa

Directora

Laura Gardos Velo

Elenco

Celso Bugallo Angélica María María Bouzas Moises Arizmendi Ledicia Sola
  
Denis Gómez Isabel Naveira Rosa Álvarez Mela Casal Ernesto Chao
Sonia Méndez Alejandro Carro Emilio Guerrero Michelle Rogel Horacio Castello

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO