A PARTIDA

O punto de partida desta webserie rodada en dez meses co apoio do Concello da Pobra, dividida en cinco capítulos, é unha partida de póker. A partir de aí sucederanse as historias de cada un dos personaxes que compoñen esta historia, ideada e dirixida por Lois Balallo. Contou coa participación de actores de sona como Miro Magariños, Quico Cadaval, César Cambeiro, Fran Lareu, Andrés Giraldez ou Marcos Orsi, a quen acompañan figuras emerxentes como Ánxela Ríos e Claudia Basallo, a quen tamén podemos ver na serie televisiva O Sabor das Margaridas.

A Partida conta a historia de 4 homes e 2 mulleres aparentemente descoñecidas entre si que coinciden nunha partida clandestina de póker na procura dunha oportunidade para refacer as súas vidas. A través de flashbacks irase coñecendo o pasado dos protagonistas, para saber como acabaron nesa situación e facilitando a comprensión do seu proceder segundo vai desenvolvéndose o xogo.

Titulo orixinal: A partida
Tipo: Serie
Xénero: Drama
Produción propia 
Realizada a cor
Capítulos: 5
Duración dos capítulos: -
Orixe: Galicia
Ano: 2018
Idioma V.O.: Galego                                                      

Produtora: Vou FIlms

FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA

Dirección fotografía: / Adrián González
Guión: / Lois Basallo
Dirección artística: / Adrianna Rego
Montaxe: / Lois Basallo / Anxo Amil
Maquillaxe e perruquería: / Tita F. Echevarría
Casting: / Adrianna Rego
Vestiario: / Lara Prado
Xefatura de son: / Manel Ángel Sampedro

Director

Lois Basallo

Elenco

Marcos Orsi
Ginebra 
Santamaría
Miro Magariños Quela Servera
Quico Cadaval

IMAXES DA SERIE

Resultado de imaxes para a partida webserieJPEG - 61.2 KBResultado de imaxes para a partida, andres giraldezJPEG - 86.2 KB

VER O MAKING-OF DA SERIE