A MEIGA CHUCHONA

Curtametraxe de animación dirixida por Pablo MIllán no 2006.

Lenda tradicional galega que conta a historia dunha muller á que lle van morrendo tódolos fillos, un tras outro, dun estraño mal que os deixa febles e enxoitos ata rematar con eles. A nai fai todo o que está da súa man, chama ao médico, ao cura, pero non lle dan cun remedio, ata que só lle queda con vida o máis cativo, que está a seguir os pasos dos irmáns. Xa coma derradeiro recurso a muller fala cunha vella, que lle mostra que está a sufrir mal de ollo; os seus fillos morren vítimas da fame voraz da meiga chuchona, e dalle as indicacións precisas para acabar con ela.

Titulo orixinal: A meiga chuchona
Tipo: Animación
Xénero: Terror
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 8´
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 7.960 €
Porcentaxe subvencións: 74,87 % 

Subvención ou axuda pública:  Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

FICHA ARTÍSTICA

Guión: Ana Lombao
Dirección artística: / Pablo Millán
Montaxe: Pablo Millán
Animación: Ana Lombao / Luis Iglesias Diz / Pablo Millán
Música: / Pablo Millán
Narrador: Luis Iglesias Diz
Xefatura de son:  Ana Lombao / Luis Iglesias Diz

Director

Pablo Millán

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego

VER TRAILER / ANACO