A ESCOLA DAS AREAS

Curtametraxe de animación stop motion baseada nun relato do Padre Sarmiento, dirixida e animada por Virginia Curiá e Tomás Conde. Foi gañadora do Premio Mestre Mateo 2002 á mellor curtametraxe de animación.

Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo.

Titulo orixinal: A escola das areas
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 12´
Orixe: Galicia
Ano: 2002
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 72.000 €

 

Produtora:Lúa Films / Algarabía Animación/TVG
Subvención ou axuda pública: Xunta de Galicia

FICHA ARTÍSTICA

Dirección fotografía: Virginia Curiá
Guión: Puri Seixido
Dirección artística: / Tomás Conde / Virginia Curiá
Montaxe: / Enrique Moro
Música: Gastón Rodríguez
Produción: / Ruth Pereira
Dirección de dobraxeGonzalo Failde Ferrer

Directores

Tomás Conde Virginia Curiá

Autor da obra

Padre Sarmiento

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego galego galego

 

Crea una web gratis Webnode